MANIFESTO asinado polos grupos ecoloxistas:

“Os grupos ecoloxistas asinantes, lamentamos informar que, pese ao rexeitamento público das edicións anteriores, os crueis campionatos de matanzas de raposo volveranse a repetir este ano en Galicia, organizados pola Federación Galega de Caza, apoiada e subvencionada polas Consellerías de Medio Ambiente e Cultura.

Tan execrable acontecemento, único no mundo despois da súa prohibición en Inglaterra, só permítese en Galicia, sede tamén de todos os campionatos “nacionais”, xa que as demais comunidades rexéitano.

Unha vez máis, Galicia, coa conivencia das autoridades e a falta de respecto á nosa Terra da Federación Galega de Caza, é a vítima propicia que perde a súa riqueza a favor dos intereses do resto do país.

Catro “campionatos provinciais” en cada unha das provincias galegas, máis un “campionato galego” e logo un “campionato nacional”. Toda unha fraude ao período de caza e un grave desequilibrio ás colonias de raposo.

Serán ducias de raposos que van morrer, para diversión insán de máis de mil supostos “deportistas”, que acudirán oportunistas a matar, gratis, os poucos sobrevivintes do exceso de caza que xa provocou a desaparición, case total, das demais especies silvestres da nosa Comunidade.

Animais que haberá que sumar á enorme cantidade que morren durante a tempada de caza e aos atropelados en autovías que, por aforrar, constrúense sen os adecuados pasos para eles.
Unha “diversión” que, en calquera outra parte de España, se se permitise, custaríalles máis de 400 euros, por cazador, nalgún dos terreos cinexéticos comerciais existentes. En Galicia pagarán só 30 euros (“cea incluída”), mentres que a desfeita ambiental sairalles gratis.

Éste é o “ecoloxismo” do que presumen estes “deportistas” da morte quen, despois de exterminar ás demais especies, agora compiten para que desapareza tamén o raposo.

A fauna non lles pertence. Os animais tamén teñen dereito a vivir sen que algúns desaprensivos compitan para matalos e logo tiralos ao lixo. Os demais cidadáns esiximos o noso dereito a gozar da súa presenza, nos nosos montes, vivos.

Esiximos a prohibición total da caza, sobre todo competitiva, do raposo, é dicir, cantos máis mellor, baixo o amparo dunha actividade recoñecida, de forma incomprensible como deporte, pola Consellería de Cultura e Deporte.

Esiximos á Consellería de Medio Ambiente que investigue as falsidades nos censos que temos denunciamos e prohiba estas matanzas masivas, depredadoras e inxustificadas que atentan contra a biodiversidade dos nosos montes.”

ADEGA, Amigos da Terra, Asturias Verde, ASCEL, Coto do Frade, Eucaliptos NON, Fundación Altarriba, GAS Vigo, LIBERA, Matar por matar NON, SOS Courel, Verdegaia.

“Soamente se ve ben co corazón, o esencial é invisible para os ollos”
“Os humanos esqueceron esta verdade –dixo o raposo-, pero ti non a debes esquecer”

O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry.