O departamento xurídico de Amigos da Terra adicou a semana á impartición dos Seminarios de Lexislación Ambiental como a segunda fase da implementación práctica do Manual Xurídico que publicou fai un ano.
A necesidade de saber como actuar ante unha agresión ambiental motivou á preparación dos seminarios e foi, ademais, unha das maiores demandas dos participantes que, lonxe de estar asesorados pola administración, o cidadán debe buscar pola súa conta os mecanismos de que dispón para facer efectiva a súa denuncia.
Infraccións administrativas, delitos ecolóxicos ou queixas ante o Valedor do Pobo, foron algunha das temáticas tratadas ao longo das 16 horas que durou o curso. Ao remate do mesmo se fixo entrega dos diplomas e un repaso de todo o aprendido.

Co fomento deste tipo de prácticas lexislativas, a poboación conta co instrumento axeitado para desenvolverse á hora de tratar de comunicar ao organismo competente un presunto ilícito ambiental.
“Defender o medio ambiente coa lei na man”
Ao longo do vindeiro ano celebraranse máis seminarios como os impartidos esta semana en Ourense. Repetirase a participación nesta cidade e Amigos da Terra deprazarase igualmente a Vigo, Santiago de Compostela e Lugo, xa que é unha das maiores carencias detectadas na cidadanía que descoñece a tramitación burocrática e lexislativa dunha agresión ambiental que se denuncia.