
O pasado mes de novembro celebrouse o “I Foro de Debate da Cooperación Galega”, organizado pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior. O obxectivo do Foro de Debate foi lograr un espazo de intercambio de experiencias e reflexión compartida con todas as entidades facilitadoras da cooperación galega de xeito que permitira compartir o horizonte de traballo no eido da Cooperación para o Desenvolvemento impulsada dende Galicia, aproveitando o actual proceso de avaliación da estratexia da Cooperación Galega.
Os resultados que se acadaron enmarcanse dentro deste tres obxectivos
1) Identificados os avances e retos da Cooperación Galega en torno aos obxectivos establecidos no I Plan Director,
2) Fortalecidas as relacións e sinerxías entre todos os actores,
3) Definidas liñas comúns de actuación e recondución entre todos os actores, co fin de lograr unha maior coherencia e complementariedade.
No foro houberon 4 mesas de debates, Amigos da Terra estivo presente en dous “Fortalecemento dos actores do sistema galego de cooperación” e “Ampliación e ordenación do medios da cooperación galega”. para ver as conclusións pincha aquí