Durante a fin de semana do 5 ao 8 de decembro reuníronse en Basauri (Bizkaia) un centenar de persoas que representaban a grupos ecoloxistas e ambientais, entidades recuperadoras de economía social e grupos de educación ambiental,entre os que se atopaba Amigos da Terra,

A principal constatación foi o fracaso da xestión dos residuos, recuperándose de media un escaso 15 %, así como un aumento imparable na súa produción, incumprindo os obxectivos do plan nacional de residuos vixente.


As causas son evidentes, o actual modelo de xestión baseado nunha recollida que mestura as distintas fraccións do lixo, imposibilita unha maior recuperación e reciclaxe.


Seguen vixentes as formulacións que desde os inicios viñéronse propondo desde “amantes do lixo” e que inciden nas políticas de redución, reutilización e recollida selectiva para a súa posterior reciclaxe.


As políticas de redución e reutilización son primordiais para diminuír a produción de lixo potenciando o consumo responsable.


As políticas de recollida selectiva en orixe permiten tratar cada residuo por separado. A materia orgánica supón o 45 % e é facilmente recuperable con sistemas de compostaxe ou biometanización. Como demostran as experiencias en Cataluña, Córdoba, etc. superándose o 60 % de recuperación e reciclaxe dos residuos. Destacamos os altos resultados do modelo “porta a porta” implantados en municipios de Europa e Cataluña.

Estas políticas deben incluírse nas leis que se están debatendo neste momento (a transposición da Normativa Marco de Residuos Europea e o Plan Nacional Integrado de Residuos) con plans concretos e dotacións orzamentarias suficientes.


Amantes do lixo rexeita a incineración como sistema de tratamento polo seu alto custo económico, impacto sobre o medio ambiente e a saúde da cidadanía.

Ler o documento de conclusións