Neste 1 de decembro, Día de Acción Global Contra a Incineración de Residuos, Amigos da Terra manifesta o seu NON rotundo a este tipo de instalacións, reivindicando un modelo de xestión responsable baseado na cultura das 3 R: Redución, Reutilización e Reciclaxe.

Basura Cero para combater o cambio climático é o lema deste ano no dia mundial contra a incineración.

Estamos nun momento importante en canto á xestión de RSU en Galicia, pois unha vez asumido que Galicia xera máis residuos (o dobre) dos que nestes momentos SOGAMA pode admitir, é preciso buscar novas alternativas. As opcións que se barallan no novo Plan de Xestión de residuos para Galicia seguen considerándo obxectivos de incineración ainda dun 30% para o 2017. Nos cremos que de aplicarse as medidas suficientes cara a redución, de desenvolverse programas de educación ambiental adecuados, de implantarse sistemas de recollida selectiva con bós niveis de recuperación e de compostar a materia orgánica, non restarían residuos para incinerar ou a súa cantidade sería tan pequena que a incineración sería inviáble tanto ecolóxica (emisións do transporte de residuos, emisións durante a incineración, baixo rendemento enerxético) como económicamente.

A incineración xera unha espiral negativa de aumento do consumo de enerxía e emisión de gases de efecto invernadoiro. As políticas e contratos que rexen comunmente para os incineradores requiren que se xere unha cantidade determinada de lixo. Estes contratos impoñen taxas que quitan todo incentivo aos gobernos para mellorar as estratexias de prevención da xeración do lixo e os programas de reciclaxe e compostaxe.

É preciso que en Galicia comece a xestionar o seu lixo coas miras de Lixo Cero: as da redución na orixe e a reutilización, pois continuar na liña da incineración, a pirólisis ou o plasma supón continuar sen resolver o problema da contaminación e promover o consumo masivo de recursos.

Dende Amigos da Terra queremos aproveitar esta data non soamente para reivindicar unha vez máis unha política de xestión de lixo respectuosa co entorno, senón para presentar unha publicación que recentemente acabamos de elaborar Amigos da Terra Europa en conxunto coa (EEB)Oficina Europea do medio Ambiente acerca de como a redución de residuos e a reciclaxe contribue fortemente á redución de emsións de CO2 á atmósfera e con isto a frear o cambio climático.

Descargar publicación aquí.