
Con lemas como “Transxénicos nos Campos, tóxicos nos pratos” partía a Plataforma Galega Antitránsxénicos, da que forma parte Amigos da Terra, e que durante unha dura xornada ante o Parlamento galego, puxo en entredito os coñecementos que sobre este tema teñen os nosos parlamentarios.
O resultado foi, tal e como se esperaba, unha ampla falta de compromiso e descoñecemento e por elo, a cidadanía quedará como ata o de agora, desprotexida e desinformada.
Esta inseguridade alimentaria e a venta do campo galego ás grandes multinacionais transxénicas, son o plantel dos grupos políticos de cara a nova lexislatura. Pola contra, os grupos que integran a Plataforma avogan por incentivar as produccións tradicionais e os cultivos ecolóxicos.
Tamén, existe unha gran inseguridade xurídica. A normativa comunitaria permite denegar as autorizacións de comercialización de OMX se o solicitante non demostra a inocuidade do mesmo e ademais e con respecto ao etiqueta dos produtos que diaramente consume a poboación, a indicación do carácter transxénico do alimento, so será sinalado se supera o umbral mínimo de 0,9% de presencia accidental ou prensa tácnica inevitable de material transxénico ou de orixe transxénico.
Co panorama actual de desinformación, descoñecemento e falta de compromiso, os alimentos que están a disposición de calquera continuan sendo unha ameaza para a pervivencia do medio ambiente e a protección da saúde das persoas.