Amigos da Terra ven denunciando publicamente a deficiente xestión que dos Puntos Limpos da cidade, está a facer o concello de Ourense.

Logo da recente publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se outorgan as axudas para a mellora da xestión e explotación dos puntos limpos a concellos e mancomunidades, espérase que dende o concello ourensano se xestionen adecuadamente estes puntos de recepción de residuos.

Segundo a citada resolución do 16 de outubro de 2008, algúns dos criterios que deben rexir nos puntos limpos da cidade serán a existencia dun Plan de explotación no que se faga constar: os días e horario de apertura ao público, que tipo de persoal estará encargado do lugar, a descrición pormenorizada do procedemento que se vai empregar para a xestión, esto é, tipos de residuos que van recepcionar, tempo de almacenamento ou a esixencia de levar un rexistro no que se indicarán todas as operacións de depósito efectuadas.

Deberá darse difusión da existencia dos puntos limpos, neste caso dos puntos de Eiroás e Santa Mariña, a través de publicidade e de carteis informativos, todo elo para asegurar que o coñecemento da existencia dos mesmos chegue a todos os usuarios e futuros usuarios do servizo.

Á mancomunidade de Ourense, outórganselle 25.945 euros como orzamento total para os anos 2008 e 2009 pero, ademais, á deputación de Ourense concédenselle máis de cen mil euros a maiores do concedido á mancomunidade.

Con estes presupostos parece razonable que a cidadanía esixa o bo control e correcta xestión dos puntos limpos como puntos receptores de residuos domésticos que non entran nos colectores nin nos plans específicos de reciclaxe, como electrodomésticos vellos, colchóns e mobiliario, entre outros.

Aquel cidadán ourensano que precise que lle recollan o residuo no seu domicilio de modo gratuíto pode chamar ao 988.38.37.95.