
Ao longo deste ano e ata o próximo mes de xuño, desenvólvese o Máster de Dereito Urbanístico e Medio Ambiente que a Universidade de Vigo promove dende a facultade de dereito do campus de Ourense.
Amigos da Terra foi convidada a colaborar e asistir ao mesmo. Por un lado, a asistencia aporta a posibilidade de aumentar os coñecementos de dereito urbanístico e medio ambiente ao departamento xurídico, co fin de outorgar un maior e máis minucioso traballo á hora de tramitar as denuncias e dar información xurídica a quen a demande.
E por outra banda, os alumnos e alumnas do máster poderán disfrutar dunha xornada no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas onde se desenvolverán as clases no entorno ecolóxico idóneo, por canto o Centro sitúase nun encrave ecolóxico privilexiado compartindo experiencias e coñecementos de dereito e medio ambiente.

Ademais, se fará unha ruta polas instalacións de que dispón o Centro. Ensinarase unha das construcións bioclimáticas pioneiras en Galicia que se autoabastece integramente de enerxías renovables.
Dende Amigos da Terra queremos dar as grazas polo convite, á Universidade de Vigo e concretamente, á facultade de Dereito de Ourense e aos organizadores do citado Máster.