Amigos da Terra organiza dous eventos mañá 15 de Outubro:

  • Charla informativa:
    Cooperación e desenvolvemento turístico
  • Acción reivindicativa:
    Antes comestibles que combustibles

Charla informativa: Cooperación e desenvolvemento turístico

  • Que: Charla “Modelos de desenvolvemento turístico e experiencias prácticas aplicadas dende a cooperación”
  • Cando: 10:00 h. mércores 15 de outubro
  • Onde: Salón de graos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • Quen: Demetrio de Carvalho, representante de Amigos da Terra Timor Leste e premio Goldman

Acción reivindicativa: Antes comestibles que combustibles

  • Que: Amigos da Terra fará entrega á Consellería de Medio Ambiente e Medio Rural de informes sobre as repercusión dos agrocombustibles, reivindicando a retirada dos obxectivos obrigatorios de introdución destos
  • Cando: 12:00 h. mércores 15 de outubro, víspera do Día Mundial da Alimentación
  • Onde: Diante da Subdelegación do Goberno, fronte ao Parque de San Lázaro, Ourense
  • Quen: Voluntarios/as disfrazados/as de millo cunha pancarta coa mensaxe “Antes comestibles que combustibles”
  • Por que: O fomento dos agrocombustibles a gran escala está empuxando a máis xente cara a fame e a pobreza, ademáis de provocar graves problemas ambientais.

Esta actividade realizarase de xeito coordinado en diferentes cidades do estado.