
O 5 de setembro saiu publicado no BOE que o Estudo Informativo de dita autovia entraba en periodo de exposición pública para que calquera cidadán pudiese tramitar e presentar as súas alegacións ou observacións.
Amigos da Terra presentará alegacións e fará unha dura crítica a un proxecto que pretende cruzar cunha infraestrutura como a autovía A-76, a Serra da Enciña da Lastra que é Parque Nacional, Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección das Aves. Tres títulos obtidos polos grandes valores ambientais que posúe e algúns deles outorgados en virtude da normativa europea.
Prazo para presentar as alegacións: 10 de Outubro. Órgano ao onde se dirixen: Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia
Á falta de ausencia de incorporación das alegacións presentadas ou a falta de modificación do Estudo Informativo e, por conseguinte, a aprobación do citado documento, poría en alerta a Amigos da Terra que solicitaría á Comisión Europea a intercesión para promover, unha vez se iniciaran as obras, a adopción de “medidas provisionais” ante o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas (TJCE), sendo un asunto medioambiental de primeira orde.
Existen dous casos que presentan grandes similitudes co que se está a alegar e que, a través da intervención da Comisión e das medidas provisionais impostas polo Tribunal Europeo, púxose freo á destrución de paraxes protexidos pola directiva hábitats 92/43/CEE.
Un dos casos foi o proxecto de circunvalación que se pretendía construír arredor da localidade polaca de Augustowksa, que atravesaría unha importante paraxe da Rede Natura 2000 con fragas e humidais protexidos e, o outro caso, foi o proxecto da autovía A-28 Le Mans, en Francia, que pola execución dun proxecto de autoestrada remataría cunha especie protexida como é o insecto Osmoderma Eremita, xa que se acabaría cunha fraga de carballos, especie onde habitan estes animais. Posteriormente, modificouse o trazado da A-28 e incluíuse a citada fraga na Rede Natura 2000.