Redacción. A asociación ecoloxista Amigos da Terra requiriulle hoxe ao Concello de Vigo que lle aplique ás once empresas instaladas na nave industrial do Gorxal o principio ‘quen contamina, paga’.
Nun comunicado, a asociación ecoloxista Amigos da Terra apunta que as verteduras ao río Lagares e á praia de Samil teríase evitado se as empresas emprazadas no polígono vigués do Gorxal cumprisen coas normas que regulan este tipo de instalacións, xa que só unha delas tiña a licenza correspondente.
A organización ecoloxista non descarta manter encontros con técnicos do Concello vigués co obxectivo de buscar accións comúns para que se apliquen os contidos legais aos operadores causantes desta “desfeita ambiental”.
Os ecoloxistas pídenlle ao Concello de Vigo que lles aplique ás once empresas localizadas na nave do Gorxal, que se incendiou a semana pasada, o principio “quen contamina, paga”.
Fonte: anosaterra.org