Amigos da Terra o día 22 de setembro organiza unha xornada de sensibilización
Entre o 16 e o 22 de setembro celebrase a Semana Europea da Mobilidade e, de novo, o 22 de setembro será o Día Europeo de ¡A cidade, sen o meu coche!. Esta iniciativa da Unión Europea, á que cada ano súmanse máis cidades, quere concienciar aos cidadáns das consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente.
A importancia de celebrar este día está en que cada ano hai máis coches, e como consecuencia, máis polución e emisións de gases de efecto invernadoiro que alimentan o cambio climático. A maioría da cidadanía descoñece os efectos tan negativos no medioambiente e especialmente na saúde que esta concentración de gases conleva. É por isto que o obxecto da campaña é informar á xente dos problemas e perigos que encerra o uso non responsable do coche na cidade e intentar sensibilizar cara ao uso doutros medios de transporte: bicicleta, camiñar ou o transporte público que tamén son rápidos e cómodos ademais de baratos para andar pola cidade.
Amigos da Terra neste día convídate a participar na xornada que organiza na tarde do día 22 de setembro a partires das 17h na Casa da Xuventude en colaboración coa Concellería de Xuventude e a asociación APAT.
A xornada é aberta á participación para todas aquelas persoas maiores de 15 anos, e os requisitos para poderse inscribir é saber andar en bici e posuír casco. Os menores de 15 anos teñen que traer unha autorización do pai/nai ou titor/a. Para apuntarse teñen que poñerse en contacto coa Concellería de Xuventude, sita na rúa da Concordia nº 20-1º andar.
O programa da xornada do Día Sen Coches 2008 é o seguinte:
- 17h na Casa da Xuventude. Presentación da xornada e Proxección do Video “A bicicleta a revolución intelixente das nosas cidades”
- 17:30h na Casa da Xuventude. Charla sobre Seguridade Vial coa colaboración da asociación APAT.
- 18:00h. Ginkana Critica polas rúas de Ourense.
- 21h. Fin da xornada na Casa da Xuventude.
Máis información: 988374318
Rebeca Prieto (responsable de comunicación)
Cristina Gómez (coordinadora da actividade)