A campaña foi presentada o luns pasado en Santiago de Compostela polo delegado en Galicia da asociación Libera! e consta dunha serie de actividades que se prolongarán durante os próximos meses e consisten na recollida de sinaturas en contra da tauromaquia en Galicia; envío de mocións aos concellos para que se declaren concellos antitaurinos; proxección da longametraxe Animal por diferentes poboacións galegas, que mostra un percorrido polos festexos máis sanguinolentos do estado español e diversas xornadas de debates o coloquios.


Amigos da Terra apoia esta campaña que promove a declaración oficial de Galicia, Antitaurina e Amiga dos Animais e traballa pola declaración de Ourense como concello antitaurino e amigo dos animais. Aínda que nesta capital non se celebra a tauromaquia propiamente dita, si se autorizan espectáculos crueis con animais, como eran as Chegas de Bois en Muíños ou a Festa do Boi, en Allariz.

É de obrigado cumprimento facer público que existe, segundo datos estatísticos do Instituto Gallup, un 86% dos galegos e galegas que non mostran ningún tipo de interese pola tauromaquia pero que, sen embargo, contribúen inevitable e obrigatoriamente a financiar as corridas de touros con máis de 50 euros ao ano. De feito, a cifra total anual de axudas españolas ao sector taurino ronda, mediante subvencións, os 550 millóns de euros.

A nivel legal, atopamos un espectáculo amparado baixo o termo de tradición que, sen embargo, estase a cuestionar por posible vulneración do Tratado da Comunidade Europea e pola Directiva 93/119/CE sobre protección dos animais no momento do seu sacrificio.

O presunto reclamo turístico co que sempre se relacionou ás corridas de touros, está obsoleto e amplamente inxustificado e innecesario polo numeroso listaxe de alternativas turísticas e que non supoñen actos crueis.

A administración, pola súa parte, xustifica a necesidade de manter este tipo de crueis tradicións polo suposto amplo número de interesados en asistir ás corridas, polo tanto, cómpre dicir que estas deberan autofinanciarse dunha forma privada a través das cuotas desa “ampla maioría” de interesados e non a imposición a contribuíntes sensibilizados e contrarios a estas cruieis prácticas de maltrato animal con resultado morte inxustificada.

Tamén o Grupo Pontevedraantitaurina organiza unha concentración antitaurina o 9 de agosto ás 19 horas en Pontevedra.

Imprime a túa folla de sinaturas. Logo podes enviala a Amigos da Terra ou a Libera!