Amigos da Terra
e a Sociedade Galega de Historia Natural cren que o anteproxecto de lei, que en vindeiras datas entrará en tramitación parlamentaria, non se axusta a un modelo normativo de xestión forestal sostible axeitado para Galicia.

O xoves pasado convocouse o Consello Forestal no que se procedeu á presentación oficial do contido da futura Lei de Montes de Galicia. Amigos da Terra mostrou o seu rexeitamento a dito contido, por entender que este carece de aspectos fundamentais á hora de ofrecer unha norma que integre a ecoloxía e o factor económico do monte como unha dualidade compatible e equilibrada.

As asociacións ecoloxistas sinalan como algunha das eivas, non só no propio contido do texto, senon tamén á hora do proceso de elaboración do mesmo. Un exemplo delo foi a metodoloxía “participativa” empregada pola Consellería do Medio Rural, xa que, tendo en conta que a participación pública é unha das máis importantes condicións para todo programa forestal, xa que garante unha política forestal consensuada entre os axentes sociais implicados no medio forestal, non respondeu a dita metodoloxía, as reunión bilaterias que ao longo do proceso a administración deu por chamar participativo.

Por outro lado, consideran que a lei debera ser o resultado final dunha serie de documentos previos fundamentais como a estratexia forestal e o plan forestal de Galicia que van precisamente a marcar as pautas económicas, sociais e medioambientais da lei buscando un equilibrio e integración destes tres eidos para asegurar o alcance do desenvolvemento sostible no medio forestal, tal e como se defendeu en 1993 na Conferencia de Helsinki.

A lei arroxa unha visión excesivamente productivista do monte e a multifuncionalidade da lei, como principio inspirador da mesma, merma a sostibilidade medioambiental como valor fundamental para preservar os recursos dos ecosistemas forestais e a biodiversidade.

As organizacións ecoloxistas esixen, polo tanto, a non aprobación do contido do texto ata que se vexan incluidos aspectos relativos á sustentabilidade dos espazos e ecosistemas forestais e á conservación da natureza.