Amigos da Terra
colabora na Campaña “Galicia, mellor sen touradas” que os colectivos Libera!, Plataforma Stop Our Shame e Comité Anti-stierenvechten (CAS) propulsaron aos inicios do ano.

Ademais, como ben sabedes, logo de máis de 8 anos de traballo, Amigos da Terra logrou erradicar a festa da Chega de Bois no concello de Muíños, polo que o colectivo ten a experiencia de saber o que é un acto cruel cos touros so en beneficio da diversión duns cantos espectadores.

Libera! organiza o I Seminario Galego pola Abolición da Tauromaquia e Amigos da Terra vai a estar nel. É unha importantisima oportunidade para escoitar a tres ponentes precursores da defensa do touro: Enrique Zaldivar, veterinario que demostrou o sufrimento do touro nun recente estudo; Óscar Horta, doutor en filosofía e Jordi Casatmijana, etólogo e zooólogo…, é case imposible reunilos aos tres, posto que un traballa en Madrid, outro en Santiago e outro en Holanda.

Ademais, proxectarase a longametraxe “Animal” que foi presentada no Festival de Cine Fantástico de Sitges 2007, fora de concurso, e que tivo unha enorme aceptación.

Unha longametraxe de ficción que inclúe unha metraxe documental sobre as torturas e posterior agonía á que é sometido o toro bravo. O filme utiliza elementos reais para implicar ao espectador e situalo na trama do filme.

Lugar: Clube Internacional de Prensa en Santiago de Compostela

Data: 21 de xullo ás 16 horas

É todo gratuíto.

Espérase gran presenza de público, aportacións e a difusión masiva deste Seminario.