Calquer día é bo para dicir NON ás bolsas de plástico.

A produción e o consumo do plástico é unha das grandes causas de insostibilidade na actualidade. O estado español é o primeiro produtor de bolsas de plástico dun só uso en Europa.

Os comercios distribúen 10.500 millóns de bolsas (238 por persoa) ao ano, que son unhas 100.000 toneladas de plástico. Ademais a producción de plásticos constitúe o terceiro uso ao que se adica o petróleo.

No marco do actual modelo de consumo insostible, os efectos do uso de plásticos son altamente perxudiciais para o medio ambiente e para a propia saúde dos habitantes do planeta. Ademais, a produción de plásticos constitúe o terceiro uso ao que se adica o petróleo, implicando directamente á industria petrolera e os seus terribles impactos, que se traducen en guerras, desastres naturais, expoliación dos recursos dos pobos..

Por unha economía baixa en carbono, non empregues bolsas de plástico e rexeitaas nos comercios que chas ofrezan.

O próximo día 29 de Xuño ata o 3 de Xullo, vai ter lugar en Madrid o Encontro Social Alternativo ao Petróleo (ESAP).

www.nomassangreporpetroleo.org

Lembra visitar o noso blog Usar y No Tirar, o­nde poderás atopar mais información sobre esta e outras temáticas baseadas nos residuos e a súa prevención.