Un grupo de persoas voluntarias e técnicos de Ourense e Vigo, participaron nas diferentes actividades dentro da campaña S.O.S. Clima que se levou a cabo no día 5 de xuño na cidade de Vigo.

Varias personas desprazáronse dende Ourense ata Vigo, utilizando o tren como medio de transporte comprobando a dificultade de compaxinar o uso da bicicleta nos desprazamentos de largo percorrido co transporte público rexional.




Ao chegar a estación de tren de Vigo estaban agardando outros compañeiros/as, dende aqui partimos para realizar un percorrido en bicicleta polas rúas da cidade chegando ata o Museo Marco o­nde se realizou unha recollida de mensaxes e testemuños da cidadanía para frear o cambio climático.


Posteriormente movémonos ata a Casa do Concello na Praza do Rei, o­nde nos recibiu Abel Caballero, Presidente da Rede de Cidades polo Clima.


Entrevistámonos con él e presentámoslle a campaña S.O.S. Clima co obxectivo de que a difunda entre a Rede de Cidades polo Clima e adquira o compromiso de poñer medidas para reducir os efectos do cambio climático.