O día 15 Novembro, de 20 ás 20:05 horas, Amigos da Terra convócate a un APAGÓN XERAL, na túa casa, no teu lugar de traballo, na biblioteca, ou alí o­nde te atopes.

Este apagón xurde das distintas organizacións ecoloxistas presentes no estado, facéndoo coincidir na semana do 12 ao 16 de Novembro na que terá lugar a presentación en Valencia do informe de síntese correspondente ao 4º Informe de Avaliación do IPCC.

O motivo que nos leva a facer este apagón é a urxencia de actuar fronte ao Cambio Climático, facendo unha chamada ás empresas xeradoras de enerxía así como aos políticos e consumidores, sobre a necesidade de tomar medidas e actuar coherentemente para reducir as emisións de CO2 e así non superar os 2ºC que porían en perigo a vida tal e como a entendemos na actualidade.