Primeira formación de compostaxe individual en Mondariz

Cargando eventos

Hoxe realizarase a primeira formación e reparto de composteiros para os veciños convocados polos técnicos da Deputación de Pontevedra.
Nos próximos meses o programa estenderase gradualmente a totalidade do concello de Mondariz, no marco do Plan Revitaliza, para o que se convocarán a todas as
familias a reunións que se realizarán en cada lugar do municipio.

Nestas reunións repartiranse os composteiros de 300 litros, un manual de compostaxe, un aireador e un termómetro e darase unha formación necesaria para iniciar este sinxelo xeito de
reducir o noso lixo á metade, converténdoo nun apreciado recurso, o compost.
Posteriormente, os veciños/as, contarán durante un ano, co asesoramento técnico personalizado a domicilio, por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto, Amigos da Terra.

Leave A Comment

Go to Top