Aínda que o proxecto “Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida” xa leva uns meses activo será agora en 2024 cando collerá máis pulo.
Este é un proxecto que levamos en consorcio xunto con Enxeñería Sen Fronteiras onde tamén participa como parceiras Agareso e o Sindicato Labrego Galego.
A alma do proxecto é interconectar mulleres activistas hondureñas, que viaxarán a Galicia, con galegas para dar a coñecer os impactos dos proxectos industriais e extractivos tanto en Honduras como en Galicia. Aínda que tamén mostramos alternativas sustentables, e as loitas das mulleres defensoras da terra por acadar outro xeito de producir.
As partes fundamentais son:
- Visitas das mulleres activistas
Poñeranse en contacto con plataformas de resistencia, cooperativas, activistas, etc de aquí pero tamén charlas onde contan a súa experiencia vital. A primeira visita será en marzo con 2 mulleres e a outra visita será no outono da man do SLG xa que unha muller estará unhas 3 semanas en casas de labregas galegas.
- Escola de Sustentabilidade
Na edición pasada tiña forma de curso sen embargo nesta faremos charlas en materias de profesorado tanto na USC como na Uvigo que estea interesado. Durante o primeiro cuatrimestre levamos a cabo un proxecto de Aprendizaxe e Servizo na UVigo nunha materia de administación e xestion pública (Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humano)
- Campaña comunicativa
Ademais das publicacións para a difusión do proxecto contaremos co deseño dunha web nova, un logo e cursos de comunicación de guerrilla orientado a plataformas de defensa do territorio.
Este proxecto está financiado por Cooperación Galega