ACCIÓN CONXUNTA EN DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS, DA BIODIVERSIDADE, OS ECOSISTEMAS, A DEFENSA DO TERRITORIO, A AUGA E A VIDA

O 22 de xullo conmemórase o Día Mundial contra a Megaminería, unha proposta que nace en 2009 grazas á iniciativa de activistas de México e Canadá, a raíz dos triunfos xurídicos do Frente Amplio Opositor contra a Minera San Xavier na defensa do Valle de San Luis Potosí e contra a destrucción do Cerro de San Pedro, espazo natural de México. Tamén  para concienciar ás poboacións e as nacións sobre os efectos nocivos da actividade mineira no medio ambiente, así como sobre as condicións de traballo insalubres, escravitude e traballo infantil que aínda permanecen en moitas partes do mundo no marco desta actividade.

A minería causa danos permanentes nas terras, nos ecosistemas, contamina as augas superficiais, humedais e augas subterránea, ocasiona deforestación indiscriminada en zonas verdes e provoca danos na flora e fauna das superficies intervidas.

Os efectos da minería afectan gravemente á calidade de vida das e dos habitantes das comunidades locais e poñen en risco a súa saúde. A actividade mineira supón a perda de hábitat, terras e modus vivendi das poboacións afectadas e aledañas; utiliza nos seus procesos substancias químicas que, non só causan danos ao medio natural, senón que tamén son a orixe de enfermidades nas persoas que traballan e viven nese entorno.  Utiliza bens básicos como a auga e a electricidade, afectando a súa cobertura para a cidadanía en favor das empresas.

A minería segue o mesmo patrón en calquera lugar do mundo, en todos os continentes, con instalacións con elevados riscos de inseguridade e leis que sempre lle son permisivas, sen que as empresas mineiras cheguen a pagar realmente as consecuencias e os danos humanos e ambientais provocados. Podemos citar Brumadinho en 2019 (Minas Gerais, Brasil) e Aznalcóllar en 1998 (Sevilla, España).

A actividade mineira vulnera en moitos lugares do mundo, en pleno século XXI, dereitos básicos á protesta, á vida e aos Dereitos dos Pobos Indíxenas, perpetuando o colonialismo, o traballo en condicións cercanas á escravitude, incluíndo o traballo infantil, e creando dependencia das multinacionais que se fan propietarias dos territorios. Aínda continúan sendo asasinadas persoas defensoras do seu territorio e medios de vida.

Baixo discursos ecolóxicos e de sustentabilidade, facendo uso de grandes campañas publicitarias, patrocinios, as compañías mineiras disfrazan o seu discurso falando de enerxías renovábeis, aire limpo e empregos novos para enmascarar as consecuencias negativas da súa actividade.

Este ano queremos facer unha chamada de atención para repensar o modelo de vida extractivista e apostar polo fomento da chamada minería urbana, pola recuperación e a reciclaxe de metais, pola reducción do consumo e o decrecemento.

Apostamos pola protección e promoción de sectores estratéxicos como a agricultura, a gandería e a pesca extensivas, a produción de alimentos e o mantemento e coidado dos nosos bosques, auga e biodiversidade.

Reclamamos e esiximos que os gobernos de todo o mundo creen políticas económicas e de desenvolvemento que non dependan do crecemento extractivista e pedimos a protección das persoas e dos seus medios de vida fronte aos abusos de quen pretende usurpar os territorios para o extractivismo.

Este manifiesto subscríbeno:

ALCONCHEL SIN MINAS- COMARCA DE OLIVENZA SIN MINAS (Extremadura)

AMA CÁCERES (Extremadura)

AMIGAS DA TERRA

ANDALGALÁ (Argentina)

ASAMBLEA EL ALGARROBO, ANDALGALÁ- CATAMARCA (Argentina)

ASAMBLEA POR LA VIDA VIDA DE CHILECITO Y MUJERES DEFENSORAS DEL AGÜITA DEL FAMATINA (Argentina)

ASOCIACIÓN ASCV ALARMA TERRA DE MONTES (Galiza)

ASOCIACIÓN CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL TRALAPENA (Galiza)

ASOCIACIÓN PLATAFORMA CÍVICA ALCALABOZA VIVA (Huelva)

COLECTIVO VOCES ECOLOGISTAS COVEC (Panamá)

COODINADORA GALEGA DE ONG (Galiza)

ECOLOGISTAS EN ACCIÓN

ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Andalucía)

ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Aragón)

ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Asturies)

ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Extremadura)

ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Sevilla)

FEDERACIÓN GALEGA ECOLOXISTAS EN ACCIÓN (Galiza)

FUNDACION MONTESCOLA (Galiza)

GUARDIANXS DEL TERRITORIO (México)

JÓVENES EN DEFENSA DE LOS TERRITORIOS DE ARGENTINA

MANU CHAO

MASSVIDA (Honduras)

MOVIMIENTO ANTINUCLEAR DEL CHUBUT (Argentina)

MOVIENTO PANAMÁ VALE MÁS SIN MINERÍA MPVMSM (Panamá)

MUJERES ORIGINARIAS Y DE ASAMBLEA DE CHUBUT (Argentina)

MUJERES WAYUU (Colombia)

NO A LA MINA (Argentina)

NO A LA MINA DE CAÑAVERAL (Extremadura)

NO A LA MINA DE GILICO DE CEHEGIN (Murcia)

NO A LA MINA EN EL VALLE DEL CORNEJA (Ávila)

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL MALALWECHE PUEBLO MAPUCHE (Argentina)

ORO NO (Asturies)

PLADEMAR MUROS-NOIA (Galiza)

PLATAFORMA AFECTADOS POR LOS METALES PESADOS SIERRA MINERA

CARTAGENALA UNIÓN (Murcia)

PLATAFORMA CIUDADANA SIERRA DE MORÓN (Andalucía)

PLATAFORMA CONTRA LA MINA A CIELO ABIERTO DEL NE SEGOVIANO (Segovia)

PLATAFORMA FUTURO EN COMÚN

PLATAFORMA NO A LA MINA EN LA SIERRA DE YEMAS (Ávila)

PLATAFORMA VECIÑAL MINA TOURO-O PINO NON (Galiza)

PLATAFORMA ZONA VILLUERCAS OESTE (Extremadura)

RADIO TEMBLOR

SALVEMOS LA MONTAÑA (Extremadura)

SALVEMOS LAS VILLUERCAS (Extremadura)

SIERRA DE GATA VIVA (Extremadura)

SOS SUIDO-SEIXO MINA ALBERTA NON (Galiza)

VERDEGAIA (Galiza)

VIDA E RÍA, OU MINARÍA? (Galiza)

VOZ A LAS RESISTENCIAS CDMX (México)

 

Camiñando por un #futuroencomún contra a minería, dicimos #nonámina.