Navidad-ecolgica

Achéganse as datas máis consumistas do ano e agora, máis que nunca, é un bo momento para reflexionar sobre os impulsos que nos incitan a comprar.
Sabemos que temos máis do que necesitamos para vivir pero aínda así, enchemos as nosas casas de obxectos e agasallos de todo tipo.

É normal, gústannos as sorpresas e o feito de comprar sorrisos e alegría é algo que xa forma parte da nosa cultura do Nadal.

A todos nos gusta comprar e recibir agasallos, pero debemos saber que non todos son iguais (nin para nós nin para o medio ambiente).

Podemos comprar de forma responsable, podemos regalar cousas inmateriais, e ata podemos investir o diñeiro en opcións/alternativas en favor do noso planeta. Só é cuestión de pensalo un pouco.

O primeiro que podemos facer antes de comprar calquera cousa é reflexionar sobre que necesitamos. Moitas veces compramos influídos pola publicidade, as modas ou as tendencias sociais. É moi difícil consumir libremente pero, polo menos, debemos ser conscientes diso. Preguntarnos sobre a utilidade ou a durabilidad do que queremos comprar pódennos dar algunhas pistas.

Moitas veces asociamos tamén o concepto de agasallo cun obxecto material, e esta asociación ademais de pouco orixinal, ten moitas limitacións físicas e económicas. Vivimos nun planeta con recursos limitados, e o noso modelo occidental leva que consumimos máis recursos dos que extraemos nos nosos países (polo tanto, aumentamos a desigualdade e o empobrecemiento explotando os recursos doutras rexións do planeta). Por este motivo, é máis necesario que nunca, optar por un mundo de baixo consumo.

Se finalmente optamos pola compra de obxectos materiais, aínda podemos afondar un pouco máis. Consumir de forma consciente implica ter en conta as repercusións que ten a nosa compra, para as persoas e o medio ambiente. Non é o mesmo comprar produtos con criterios de responsabilidade social e ambiental (escollendo, por exemplo, aqueles con selos de comercio xusto, ecolóxicos, selos de uso responsable de bosques, de eficiencia enerxética para electrodomésticos…) que comprar obxectos de baixa durabilidad (dun só uso, con obsolescencia programada) ou que implican elevados consumos de enerxía ou materiais.

Nestes tempos de austeridade económica, é máis necesario que nunca aproveitar os cartos e investilos na construción de alternativas. Un exemplo práctico podémolo ver co uso de enerxía no fogar. Instalar unha placa solar térmica para a auga quente é un investimento que nos permitirá dispor de auga quente durante moitos anos e de forma gratuíta para nós e para o noso clima.

Tamén unha boa opción para diversificar a economía do país, emitir menos gases de efecto invernadoiro e gastar menos recursos enerxéticos, é comprar produtos locais para elaborar a comida do Nadal, e se ademais queremos evitar os compoñentes tóxicos os produtos ecolóxicos son a mellor opción.

En definitiva, temos moitas opcións e debemos aproveitar estas datas para desexar tamén un Bo Nadal á nosa Terra.