091217_cumecopenhague

Amigos de la Tierra esixe un acordo xusto no cume do clima

A menos dun mes para que comece o Cume de Cambio Climático en Durban, Sudáfrica, Amigos de la Tierra lanza a súa campaña “Ecos pola xustiza climática”.

Así decenas de persoas de América Latina, África, Asia e Europa fixéronse ouvir gravando un breve vídeo, onde explican como lles está afectando o cambio climático nas súas comunidades.

A COP 17 comezará o 27 de novembro e debe representar unha nova oportunidade para lograr un compromiso internacional que poña freo ao quecemento global. Pero para alcanzar un acordo xusto, ambicioso e legalmente vinculante que contemple e enfronte os efectos máis graves do cambio climático os líderes políticos deben escoitar as voces do Sur Global.

Amigos de la Tierra xunto a centos de organizacións da sociedade civil promove o movemento de Xustiza Climática. Con este fin, Amigos de la Tierra Internacional recompilou as voces da cidadanía africana, asiática, americana e europea, que narran as súas experiencias persoais dentro das súas comunidades, dando a coñecer os efectos do cambio climático sobre as súas formas de vida. A ONG dará eco pola xustiza climática cada semana, representando a cada continente, para dotar de voz e forza á mensaxe da cidadanía global por un acordo construído sobre a Xustiza Climática.

Os principais afectados polos desastres naturais, desde inundacións a secas, son as persoas dos países empobrecidos ou sen acceso a recursos nos países industrializados, o Sur Global. Con todo as únicas partes que parecen ser escoitadas nos cumes de cambio climático de Nacións Unidas son a contaminación, o consumo de recursos e os negocios. Os Gobernos parecen supeditados aos intereses comerciais das empresas transnacionales, en lugar de velar polo benestar da cidadanía, que cada vez se ve máis silenciada e atropelada polos intereses económicos dunha minoría.

A verdadeira presión ha de chegar da sociedade civil. Para isto é necesario dar eco e facernos ouvir pola xustiza climática a través de todos os medios ao noso alcance.

Amigos de la Tierra esixe aos responsables políticos:

  • A adopción dun segundo período de compromiso do Protocolo de Kioto para os países do Anexo I.
  • Un 40% de redución de emisións de CO2 interna respecto de 1990, como países causantes da crise climática.
  • Un fondo de financiamento de polo menos 200.000 millóns para os países empobrecidos.
  • Rexeitamento aos novos mecanismos de mercado de carbono, por tratarse de falsas solucións que permiten evitar a redución de CO2.
  • Rexeitamento ao mecanismo de Redución de emisións pola deforestación e a degradación (REDD), tal e como está exposto, xa que fomenta o acaparamiento de terras e non respecta os dereitos das comunidades locais.