Mañá, mércores 6 de outubro, participaremos na rolda de prensa de presentación das actividades enmarcadas na campaña do Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza. O acto terá lugar as 11:30 horas no auditorio da Fundación Caixa Galicia, (Rúa do Vilar, 19 – Santiago de Compostela).
Facemosvos un chamamento para que esteades presentes nesta xornada de presentación. Entre todos e todas amosaremos a importancia da sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza e da campaña de incidencia e difusión que se levará a cabo a semana do 11 ao 16 de outubro no marco do Camiño de Santiago! !
Camiña cara o Pacto Galego contra a Pobreza
A crise que hoxe vivimos é consecuencia dun modelo económico inxusto que afecta aos sectores máis vulnerables da sociedade. Estamos nun momento determinante, unha oportunidade de cambio que amose que a mellor saída da crise é a solidariedade internacional baseada nun sentido da xustiza, co reforzo de políticas que poñan en valor o decrecemento do hiperconsumo, o reforzo das producións orgánicas e sostibles, a economía produtiva fronte a especulativa e o valor da cooperación fronte á competitividade.
A poboación galega non pode quedarse impasible, precisamos cidadáns activos que se mobilicen e expresen o seu rexeitamento ao modelo económico, político e social que esta xenerando pobreza extrema, desigualdade e exclusión de millóns de persoas. Situacións ata agora lonxanas que hoxe estamos a coñecer de preto.
A loita contra a pobreza e cousa de todos nós, e a súa erradicación debe ser o resultado dunha aposta decidida polo cambio nas nosas políticas económicas e sociais.
Podemos seguir falando de pobreza ou erradicala. Camiña por un pacto, 100km x 1 pacto = Pobreza 0.